NORMAS DE MATRICULACIÓN E PREINSCRIPCIÓN

🌍 Idioma:
GalegoCastellano

Para obter praza na EMMO, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario correspondente e achegar os seguintes documentos acreditativos dos criterios de selección:

📌 CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO

  • Estar empadroado no municipio de Ourense
  • Renda da unidade familiar
  • Condición de familia numerosa
  • Minusvalías
  • Asistencia á Escola Municipal de Música do pai/nai ou irmáns

⚠️ En caso de empate, terase en conta a data de presentación da solicitude xunto coa documentación requirida segundo a normativa actual.

📎 DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR

  1. Copia do xustificante de preinscrición cuberto na web:
    https://escola.ourense.gal
  2. Copia do título de familia numerosa (se procede)
  3. Certificado de minusvalía (superior ao 33%), expedido pola Xunta de Galicia
  4. Copia do DNI do/a solicitante (ou do pai/nai/titor se é menor)
  5. Copia do libro de familia completo (só se hai outro membro matriculado)
  6. Copia da declaración da renda do ano 2023 (presentada en 2024)

📧 A documentación enviarase ao correo:
musica.administracion@ourense.gal

📅 Os listados provisionais de admitidos/as publicaranse na web:
https://escola.ourense.gal
na mañá do día 2 de setembro.

💶 TARIFAS PARA OS CURSOS COINCIDENTES CO CURSO ESCOLAR

  • Matrícula: 33 €
  • Cota trimestral Música e Movemento: 39,40 €
  • Cota trimestral Instrumento: 78,80 €

👨‍👩‍👧‍👦 A partir do segundo membro da familia aplicarase un desconto do 50%.