📣 MUSICANTES – PASO A INSTRUMENTO – CURSO 2025/2026
Información ao alumnado da especialidade » Musicantes» que o vindeiro curso accederá á especialidade de Instrumento.
Unha vez entregado o impreso coa preferencia de instrumento e comprobado que as solicitudes se axustan ás prazas dispoñibles, non será necesario realizar sorteo.
Cada alumno/a poderá acceder ao instrumento solicitado como primeira opción.
As familias deberán formalizar a matrícula cubrindo o impreso editable que se xunta nesta publicación.
O prazo de entrega amplíase ata o Venres 2 de Maio.
O impreso deberá entregarse á sua profesora o próximo Martes 29 de Abril, ou enviarse por correo electrónico a:
xestionescuelamusica@ourense.gal
🔗 Descarga do impreso: IMPRESO EDITABLE
📢 AVISO IMPORTANTE – RENOVACIÓN DE MATRÍCULA
Informamos que o proceso de renovación da matrícula para o curso 2025/2026 está de novo dispoñible a través da ligazón habitual.
Os erros técnicos que impedían completar correctamente a renovación foron parcialmente solucionados:
- ✅ O sistema confirma agora en pantalla que a renovación foi realizada correctamente
- ✅ A matrícula queda rexistrada internamente
⚠️ O envío automático do correo de confirmación aínda non está dispoñible, polo que non se recibirá ningunha mensaxe por email tras completar o proceso.
👉 Para maior seguridade, recoméndase realizar:
- Unha captura de pantalla ou foto da páxina onde aparecen os datos do alumno/a
- E outra captura ou foto da mensaxe final de confirmación da renovación
🔗 Accede ao formulario de renovación aquí:
Grazas pola vosa comprensión.
📢 RENOVACIÓN DE MATRÍCULA – Curso 2025/2026
📅 Prazo: Do 11 ao 22 de abril de 2025, ambos incluídos.
👥 Dirixido a:
– Alumnado de Instrumento
– Alumnado de Música e Movemento (4, 5 e 6 anos)
🔗 Renovación en liña:
👉 Accede ao formulario de renovación
🏫 Sen ordenador?
O alumnado poderá facer a renovación co seu profesor/a na escola.
❗ Unha vez rematado o prazo, non se poderá renovar a matrícula.
Para calquera dúbida, contactade coa escola. Grazas!
Polo E-mail: xestionescuelamusica@ourense.gal
WhatsApp: 606 279 351
📞 988 393 035
🎻 Alumnado de 7 anos (“Musicantes”)
O alumnado de Música e Movemento con 7 anos pasará no vindeiro curso á especialidade de Instrumento.
👉 Durante este proceso:
- Entregaráselles un impreso para indicar a súa preferencia de instrumento.
- Tamén poderán descargalo desde a web e envialo a:
📧 xestionescuelamusica@ourense.gal - 🔗 Descarga do impreso: IMPRESO MUSICANTES
⚠️ No caso de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles, a adxudicación realizarase mediante sorteo.
📅 Unha vez rematado este proceso, o prazo de renovación para este alumnado será do 24 ao 2 de Maio de 2025.
📢 NOTA INFORMATIVA – OBRADOIROS DE INSTRUMENTO
O alumnado que actualmente está matriculado na modalidade de Obradoiro de Instrumento pasará, no vindeiro curso, á modalidade de Curso Escolar.
Para facer efectivo o cambio, deberá descargar desde a web da Escola de Música o impreso editable, cubrilo correctamente e envialo ao seguinte enderezo de correo electrónico:
📧 musica.administracion@ourense.gal
🔗 Descarga do impreso: IMPRESO EDITABLE
⚠ IMPORTANTE:
Para cubrir correctamente este impreso, descárgueo primeiro e ábrao con Adobe Acrobat Reader. Non o cubra directamente no navegador, xa que nalgúns casos (como en Chrome ou Firefox) os campos do formulario poden aparecer desprazados ou non funcionar correctamente.
📅 Prazo: Do 11 ao 22 de abril de 2025, ambos incluídos.