MATRÍCULAS

🌍 Idioma: Galego | Castellano

📣 MUSICANTES – PASO A INSTRUMENTO – CURSO 2025/2026

Información ao alumnado da especialidade » Musicantes»  que o vindeiro curso accederá á especialidade de Instrumento.

Unha vez entregado o impreso coa preferencia de instrumento e comprobado que as solicitudes se axustan ás prazas dispoñibles, non será necesario realizar sorteo.

Cada alumno/a poderá acceder ao instrumento solicitado como primeira opción.

As familias deberán formalizar a matrícula cubrindo o impreso editable que se xunta nesta publicación.

O prazo de entrega amplíase ata o Venres 2 de Maio.

O impreso deberá entregarse á sua profesora o próximo Martes 29 de Abril, ou enviarse por correo electrónico a:
xestionescuelamusica@ourense.gal

🔗 Descarga do impreso: IMPRESO EDITABLE

📢 AVISO IMPORTANTE – RENOVACIÓN DE MATRÍCULA

Informamos que o proceso de renovación da matrícula para o curso 2025/2026 está de novo dispoñible a través da ligazón habitual.

Os erros técnicos que impedían completar correctamente a renovación foron parcialmente solucionados:

  • ✅ O sistema confirma agora en pantalla que a renovación foi realizada correctamente
  • ✅ A matrícula queda rexistrada internamente

⚠️ O envío automático do correo de confirmación aínda non está dispoñible, polo que non se recibirá ningunha mensaxe por email tras completar o proceso.

👉 Para maior seguridade, recoméndase realizar:

  • Unha captura de pantalla ou foto da páxina onde aparecen os datos do alumno/a
  • E outra captura ou foto da mensaxe final de confirmación da renovación

🔗 Accede ao formulario de renovación aquí:

Grazas pola vosa comprensión.

📢 RENOVACIÓN DE MATRÍCULA – Curso 2025/2026

📅 Prazo: Do 11 ao 22 de abril de 2025, ambos incluídos.

👥 Dirixido a:
– Alumnado de Instrumento
– Alumnado de Música e Movemento (4, 5 e 6 anos)

🔗 Renovación en liña:
👉 Accede ao formulario de renovación

🏫 Sen ordenador?
O alumnado poderá facer a renovación co seu profesor/a na escola.

❗ Unha vez rematado o prazo, non se poderá renovar a matrícula.

Para calquera dúbida, contactade coa escola. Grazas!

Polo E-mail: xestionescuelamusica@ourense.gal
WhatsApp: 606 279 351

📞 988 393 035

🎻 Alumnado de 7 anos (“Musicantes”)

O alumnado de Música e Movemento con 7 anos pasará no vindeiro curso á especialidade de Instrumento.

👉 Durante este proceso:

⚠️ No caso de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles, a adxudicación realizarase mediante sorteo.

📅 Unha vez rematado este proceso, o prazo de renovación para este alumnado será do 24 ao 2 de Maio de 2025.

📢 NOTA INFORMATIVA – OBRADOIROS DE INSTRUMENTO

O alumnado que actualmente está matriculado na modalidade de Obradoiro de Instrumento pasará, no vindeiro curso, á modalidade de Curso Escolar.

Para facer efectivo o cambio, deberá descargar desde a web da Escola de Música o impreso editable, cubrilo correctamente e envialo ao seguinte enderezo de correo electrónico:

📧 musica.administracion@ourense.gal

🔗 Descarga do impreso: IMPRESO EDITABLE

⚠ IMPORTANTE:

Para cubrir correctamente este impreso, descárgueo primeiro e ábrao con Adobe Acrobat Reader. Non o cubra directamente no navegador, xa que nalgúns casos (como en Chrome ou Firefox) os campos do formulario poden aparecer desprazados ou non funcionar correctamente.

📥 Descargar Adobe Acrobat Reader

📅 Prazo: Do 11 ao 22 de abril de 2025, ambos incluídos.